Os consellos de Muchas

Consellos para unha correcta hixiene bucal

Manter unha hixiene bucal correcta é clave para lucir un bonito sorriso

e así, poder evitar  a placa dental, o mal alento e as enfermidades

máis comúns: caries e piorrea. Hai unha serie de consellos e claves

para conseguilo:

  1-Os dentes deben cepillarse durante dous minutos ao menos dúas

       veces ao día, aínda que o idóneo sería facelo xusto despois de cada

       comida. O momento do día máis importante no cepillado da nosa

       dentadura é xusto antes de deitarnos, xa que durante o sono

       prodúcese menos saliva que nos protexe dos microbios.

       2-A mellor técnica para o cepillado é varrer , que consiste en mover

       o cepillo da encía ao borde libre do dente. Hai que limpar todas as

       superficies, os espazos interdentais e a lingua.

       3-O cepillo de dentes debe ser pequeno para acceder mellor aos

       rincóns, con cerdas cortadas ao mismo nivel e sintéticas. Este tipo

       de cepillo debe cambiarse cada dous ou tres meses. Para as persoas

       que teñen dificultade para cepillarse, tamén poden empregar un cepill

       eléctrico que se adapta moi ben para eliminar a placa bacteriana.

       4-Ademáis do cepillado, é importante empregar a seda dental para

       limpar a zona interdental.

      5-Evitar comer entre horas, sobre todo doces que son nocivos para os

      dentes.

      6-Debemos realizar ,ao menos uhna vez ao ano, una visita ao noso

      dentista.

      7-A partir dos 35 ou 40 anos,  convén realizarse un branqueamento

      dental ao menos unha vez ao ano.

     Lembraros que para lucir un sorriso de ensono é importante manter

     a nosa hixiene bucal e coidar dos nosos clientes.

    

                        ¡Presume de sorriso!


TRABALLA CONNOSCO   -   CONTACTO
Hogarlin, S.A. | Baixada Gándara, 9 - Coruxo | 36330 VIGO (Pontevedra) | tlf. +34 986 214 747   -   Aviso legal