Os consellos de Muchas

A pel

  A pel constitúe o envoltorio do noso corpo. É un precioso vestido que levamos posto ao longo da nosa vida e que será un factor determinante para ter un aspecto novo e atractivo. É un órgano vital tan importante como calquera outro.

  É un tecido flexible, impermeable, e relativamente resistente, que se renova de xeito constante e que nos protexe do medio exterior, regulando ao mesmo tempo o medio interno.

 Para a mujer, a pel é o seu mellor aliado. Se non se toman medidas preventivas, os efectos beneficiosos do aire e do sol poden resultar perxudiciais, de xeito que se acentúan o desgaste e o envellecemento, xa que a receptividade de cada individuo varía segundo a persoa e a idade.

  Consello: UNHA PEL BEN TRATADA E COIDADA, SUAVIZA AS FACCIÓNS E REXUVENECE A CALQUERA MULLER E HOME.

Funcións esenciais da nosa pel

  A pel realiza unha serie de funcións fundamentais para a vida e a saúde, como:

  • Protexer o corpo da acción exterior. A protección exércena a queratina e a melanina como elementos primordiais.
  • Albergar o sentido do tacto, sensación de dolor, presión, frió, calor.
  • Eliminar substancias nocivas, coma a sudor, a través das glándulas sudoríparas.
  • Actúa como reguladora da temperatura corporal. A regulación farana as glándulas sudoríparas a cargo das cales está tamén manter a acuosidade do organismo.
  • Absorber osíxeno, luz, auga, imprescindibles para a vida celular.

Tipos de pel

  ¿Cómo detectar o noso tipo de pel?

  Todos os tipos de peles presentan diferentes características que se poden observar visual, táctil e sensorialmente.

  • Pel normal

      Preséntase como unha pel con aspecto liso, aterciopelada, cunha textura fina e regular observando unha tez luminosa, mate e dun grosor medio. Habitualmente corresponde a unha persoa moza. O seu tacto é macio, con boa tonicidade, elasticidade e hidratación, sen zonas grasas nin secas.

Cómo detectar a pel normal

    • Comodidade da pel
    • Boa resistencia da maquillaxe
    • Insensible ás variaciones atmosféricas.

Coidados diarios

  Conservar o equilibrio e protección natural e previr o envellecemento.

  • Pel seca
  •   Presenta un aspecto liso, textura apretada regular, é unha pel fina, tensa con líñas de expresión, propensa a roxeces difusas, cunha acentuación e tendencia ás enrrugas. É unha pel pouco grosa, con lixeira rugosidade, falla de lípidos e pouco elástica.

    Cómo detactar a pel seca

    • Sensación de tirantez
    • Sensibilidade ao frió e ao calor
    • Falla de comodidade e confort
    • Poca resistencia al maquillaje

    Coidados diarios

      Limpeza sen eliminación de lípidos, aportar corpos grasos, ofrecer protección y previr o envellecemento.

  • Pel graxa

      Presenta poros dilatados, unha textura de piel grosa, con presenza de comedóns e aspecto brillante. No seu tacto, manifesta sensación de dureza debido á acumulación importante de lípidos y de restos celulares, tendo un tacto rugoso e lustroso.

    Cómo detectar a pel graxa

    • Pouca resistencia da maquillaxe
    • Sensibilidade debida á obsesión por quitarse los comedóns
    • Incomodidade e trasudor.

    Coidados diarios  Limitar as secreciones sebáceas, limpar con suavidade, sanear, regular a función sebácea e limitar a deshidratación.

  • Pel sensible

      Unha pel que requiere un especial coidado, presenta un ton habitualmente máis claro, dunha textura fina, con presenza de roxeces difusas e capilares aparentes e dilatados. No seu tacto teñen unha sensación de calor e irritación.

    Cómo detectar a pel sensible

    • Reacción ás variacións atmosféricas
    • Sensibilidade ao frío e ao calor
    • Intolerancia a determinados cosméticos
    • Picores.
    • Pouca estabilidade á maquillaxe.

    Coidados diarios  Limitar as secrecións sebáceas, limpar con suavidade, sanear, regular a función sebácea e limitar a deshidratación.

Etapas esenciais da beleza

  O bo funcionamento e conservación da pel pasa polos coidados básicos da pel.

  Coidados diarios:

  •  Limpar: Etapa esencial para eliminar a maquillaxe, as impurezas e células mortas acadando unha mellor osixenación.

    ¿Como facelo?


      Aplicar xenerosamente o desmaquillante, xel ou loción cos dedos sobre o rostro e pescozo, traballando a pel mediante pequenos movementos circulares, proceder de seguido a retirar cun algodón ou un papel desmaquillante.
  •  Tonificar: Para completar a limpeza e pechar os poros, ademáis de preparar a pel para o tratamento de día ou de noite.

    ¿Como facelo?


      Aplicar cun algodón no rostro e pescozo, secar de seguido cun pano de papel.
  • Protexer: Para protexer adecuadamente a pel debemos reforzar a protección natural contra as agresións externas, para aportar á pel os elementos esenciais para o seu equilibrio.

    ¿Como facelo?


      Coa utilización dos tratamentos diarios para o rostro, aplicando cada mañán unha pequena cantidade de crema sobre o rostro, pescozo e escote, realizando movementos ascendentes sobre o rostro e descendentes sobre o pescozo.
  • Tratar, nutrir, rexerar e estimular: Para conservar o aspecto dunha pel nova, debemos reforzar e estimular as funcións vitais, conservando a luminosidade e a firmeza e tonicidade da pel a través dos tratamentos de noite.

  Tratamentos específicos

  Son coidados específicos para usar temporalmente ou a diario en función do estado da pel.

  • Contorno dos ollos

      A pel do contorno dos ollos é dez veces máis fina que o contorno dos ollos, polo que o coidado debe ser dende idades moi temperáns, procurando mantela permanentemente hidratada e aplicando un contorno de ollos a diario, mañán e noite antes do tratamento habitual.
  • Peeling ou exfoliante

      É impresdincible a eliminación de células mortas da nosa pel, xa que ademáis se renova cada 28 días, polo que o exceso das mesmas pode dar lugar a unha queratinización da pel, polo que en función do tipo de pel o peeling ou exfoliante debe realizarse continuamente e de xeito constante.

Modo de aplicación:

    • Peeling: aplicar unha pequena cantidade no rostro e pescozo, evitando o contorno dos ollos, trabajar coa xema dos dedos mediante movementos circulares, procurando non desprazar os tecidos, e aclarar con auga abundante.
    • Exfoliante: aplicar trala limpeza do rostro, nunha capa moi fina no rostro e pescozo evitando o contorno dos ollos, deixar secar e retirar.
  • Mascarillas

      Este tipo de producto supón un embellecemento e un tratamento intensivo para o rostro adaptado sempre ao estado e necesidades da pel: deshidratación, sensibilidade, desvitalización.

  Aplicala de xeito continuado 1 vez por semana.

Hábitos saudables para a túa pel

  O estado da pel ten relación directa coa alimentación e co exercicio físico.

  Entre as necesidades orgánicas da pel figuran as proteínas, as graxas, os minerais e, moi en particular, a auga e as vitaminas, sobre todo as A, C, D, E e as do grupo B. Debido a isto, canto máis equilibrada e variada sexa a nutrición, máis san e tersa será a pel, e máis tardarán en aparecer as temidas enrugas.

  O ejercicio, que estimula a circulación do sangue pola aceleración do ritmo cardíaco, aporta ás células dérmicas os nutrientes e o osíxeno que necesitan. Ademais, manteñen equilibrado o proceso de rexeración das células, fortalece os tecidos conxuntivos e incrementan a produción de coláxeno. Por outra parte, a transpiración que se produce co exercicio físico axuda a eliminar e a limpar os poros. 

Eliminar asperezas da pel

  Se desexas suavizar os cobados, xeonllos e talóns dos pes, usa unha pedra pómez cada vez que te bañes... cando a pel estea mollada e o suficientemente humidecida, pasa coidadosamente pola área que desexes a pedra pómez, sen tallar moi fuerte; cando salas de bañarte pon crema humectante e verás que pouco a pouco as zonas se suavizan e se aclaran.

Pel de seda 

  Se queres unha pel de seda, pon dúas culleradas de avea moída, una cullerada de mel e unha de leite ata acadar unha pastiña. Pona en calquera parte da túa pel, déixaa repousar durante 15 minutos e enxauga. Esta receita sirve como exfoliante, así terás unha pel radiante.

TRABALLA CONNOSCO   -   CONTACTO
Hogarlin, S.A. | Baixada Gándara, 9 - Coruxo | 36330 VIGO (Pontevedra) | tlf. +34 986 214 747   -   Aviso legal