Os consellos de Muchas

Un breve glosario de cosmética

  • Acedo hialurónico: esta substancia, presente en cremas e fluidos hidratantes, utilízase en cosmética como un magnífico hidratante e como reconstituínte da pel, á que protexe dos fenómenos atmosféricos.
  • Alfahidroxiacedos: trátase de compostos naturais que contribúen a aumentar a capacidade da pel para reter auga e eliminar as células mortas. Utilízanse sobre todo en cremas antienvellecemento.
  • Coláxeno: compoñente natural da derme que asegura a súa flexibilidade, tonicidade e elasticidade. O coláxeno que se emprega en cosmética é unha proteína soluble indispensable na loita contra o envellecemento.
  • Ceramidas: lípidos presentes na capa córnea (a máis superficial da pel) que, na súa versión sintética, son utilizados en cosmética para asegurar a boa cohesión desta capa.
  • Elastina: compoñente do tecido conxuntivo que garante a elasticidade e tonicidade e que se deteriora cos anos. En cosmética, utilízase para retrasar y previr o envellecemento.
  • Glicerina: hidratante activo ou humectante. Utilízase en numerosos preparados para mellorar a súa conservación, xa que esta molécula permite reter a auga no interior do envase, impidindo que o producto se seque.
  • Lecitina: substancia que aporta tersura á pel ao contribuir ao arrastre das impurezas que quedan na superficie da mesma.
  • Liposomas: veñen a ser os vehículos ou microcápsulas nas que se encerran os activos de moitas das cosméticas modernas. Grazas a este "medio de transporte", o organismo humano pode asimilar mellor estes principios e os resultados son máis satisfactorios.
  • Matrixylà: é un principio activo que reactiva a síntese do coláxeno, favorecendo deste xeito unha disminución notable das enrugas.
  • Oligoelementos: elementos minerais que se atopan, en moi pequena cantidade, en todo o organismo. Algún deles (zinc, cobre e manganeso) teñen unha función indispensable no metabolismo celular. Posúen un efecto estimulante nos intercambios producidos a nivel da epiderme, interveñen na síntese das proteínas e das vitaminas e na constitución dos tecidos. En cosmética sirven para estimular e revitalizar as peles cansadas.
  • Pantenol: provitamina B5. Ten unha grande capacidade de penetración na pel e un característico poder humectante. Ideal para aplicar como postsolar e en irritacións suaves da pel.
  • Queratina: proteína que desenvolve un papel moi importante na protección da epiderme.
  • Retinol: é a forma máis pura e activa da vitamina A. Estimula a rexeración de novas células na pel, polo que reduce as enrugas.
  • Tocoferol: sería a vitamina E. Participa no proceso de renovación das células. É un antioxidante que actúa contra a formación de radicais libres.
  • Filtros UV: actualmente é difícil concebir unha crema que non conteña na súa formulación este tipo de filtros solares. Grazas a eles, a pel pode protexerse dos efectos nocivos dos raios solares.
  • Vitamina E: esta é a vitamina do antienvellecemento por excelencia. Nutre e hidrata dende o interior a pel e impide a oxidación das membranas das nosas células, contribuíndo deste xeito a retrasar o envellecemento.
TRABALLA CONNOSCO   -   CONTACTO
Hogarlin, S.A. | Baixada Gándara, 9 - Coruxo | 36330 VIGO (Pontevedra) | tlf. +34 986 214 747   -   Aviso legal