Os consellos de Muchas

Breve historia do perfume

  A orixe do perfume permanece envolta nun aura de misterio e só se acadou rastrexar ata o antigo Exipto.

  O incenso (que provén do latín e quere dicir 'a través do fume') e a mirra eran os ingredientes básicos que os exipcios utilizaban para aromatizar as súas cerimonias, curacións e como complemento da beleza nas mulleres. O seu costume era queimar o incenso ao solpor mentras realizaban as súas oracións. Pola súa parte, as exipcias usaban o perfume nuns conos que puñan sobre a cabeza e que emanaban o delicioso recendo.

  Ademáis tiñan todo un proceso de elaboración de perfumes que consistía en impregnar os pétalos de rosa nunha graxa que axudaba á preservación da fragancia. Tamén acostumaban a macerar as plantas aromáticas nun aceite, e posteriormente colaban o líquido producido nunha tea.

  Máis tarde, as gregas herdaron estas técnicas, pero ademáis melloráronnas. Os gregos, que consideraban el perfume coma un don de Venus, usaban un aroma diferente para cada parte do corpo: menta para os brazos, ouregos para os cabelos, aceite de palma para o peito, tomiño para os xeonllos e aceite de ouregos para as pernas e os pes, entre outros.

  Os romanos importaban a materia prima como a mirra e o incenso de Arabia e traían outras substancias máxicas da India. Eles excedíanse no seu uso e botaban perfume nas paredes, no chan, aos cabalos e aos cans, e incluso aos exércitos.

  Cando caiu o Imperio Romano, tamén caiu o costume do perfume en Occidente. A tradición permaneceu únicamente en Arabia, onde se desenvolveron técnicas de destilación de plantas en masa. Bagdad convirtiuse na cidade das mil e unha fragancias. Descubriron máis ingredientes como o almiscre, o cal misturaban con argamasa para a construcción de pazos e mesquitas.

  Durante a Idade Media, na época das Cruzadas, o intercambio comercial entre Oriente e Occidente acentuouse. Foi nese intre que o perfume se redescubriu, traído polos cruzados.

  O primeiro perfume elaborado con fins comerciais data do século XIV, e coñeceuse daquela como Auga da Raiña ou Auga admirable, nomes que lle deu o seu creador, o químico e comerciante italiano Juan María Farina, quen no 1709 se estableceu en Colonia, unha cidade do imperio Prusiano.

  Sen embargo, non foi ata o século XVI cando se espallou realmente o seu uso, grazas a Catalina de Médicis, quen impuxo a moda do perfume en París.

  Posteriormente, coa Revolución Industrial, o perfume comercialízase a grande escala. Os perfumistas especialízanse en química para desenvolver mellor os seus productos, e máis ca unha moda, os perfumes tornáronse un requisito no ideal estético ata a data de hoxe. 

  A comenzos do século XX, os perfumes dábanse como agasallo nas tendas de roupa, pero despois comezaron a vendelo e en cuestión duns cantos anos xa se abriron casas exclusivas de perfumes. A primeira destas foi fundada por Jeanne Lanvin.

  Co tempo desenvolvéronse mellores técnicas e descubríronse novos ingredientes para a fabricación do perfume e hoxe é unha industria que fai circular millóns de dólares e da que os deseñadores dependen máis que incluso os seus deseños de roupa.


OS PRIMEIROS PERFUMES FAMOSOS

  O primeiro perfume famoso elaborado con alcohol foi unha crema chamada Auga da Raiña de Hungría, que debe o seu nome por ser o predilecto da princesa húngara Isabel, a comezos do século XIII.

  Precisamente, de tódalas fragancias existentes na actualidade, a máis antiga é a "Auga de Colonia 4711", creada en 1796 e considerada á súa vez o primeiro perfume unisex do mundo. Entre os famosos da historia que o usaron figura Napoleón I e a súa amada Josefina de Beauharnais.

  Segundo o novelista Alejandro Dumas (fillo), por esa época todo o mundo se bañaba en perfumes excepto os filósofos, que preferían diferenciarse polo seu mal cheiro, aínda que moitos deles sucumbiron tamén na tentación de usalos.

TRABALLA CONNOSCO   -   CONTACTO
Hogarlin, S.A. | Baixada Gándara, 9 - Coruxo | 36330 VIGO (Pontevedra) | tlf. +34 986 214 747   -   Aviso legal