Como comprender un perfume
Á hora de escoller un perfume débense ter en conta diferentes aspectos.
A vida dun perfume pasa por tres fases, que se suceden interaccionando encadeadas:
- saída ou cabeza,
- corazón ou corpo
- fondo.
A saída dun perfume é a primeira impresión que se ten da súa esencia. Está constituida polos componentes máis volátiles. Dura de 2 a 5 minutos.
O corazón está formado por ingredientes que teñen un proceso de evaporación máis lento e son os que aportan carácter ó mesmo. Dura uns 20 minutos.
O fondo dun perfume, composto polos elementos menos volátiles e con propiedades fixadoras, compreta a fragancia. É o que nos da a verdadeira esencia do perfume e a súa evolución é decisiva para a súa elección. A súa duración é maior ou menor en función da concentración do mesmo.
En función da concentración da fragancia no alcohol, que só serve de vehículo para a mesma, e da combinación de elementos da pirámide olfactiva, existen diferentes tipos de perfume: Parfum, Eau de Parfum, Eau de Toilette, Eau de Cologne, etc.
Cada pel ten diferentes características físico-químicas que tamén inflúen directamente no desenvolvemento da fragrancia, de maneira que un mesmo perfume aplicado a distintas personas pode percibirse de forma moi diferente.
Por último, a personalidade de cada persoa inflúe directamente en elección dun perfume, pois este pode modificar ou reforzar a devandita personalidade de cara ao exterior.
En función das notas olfactivas presentes en cada fragrancia, sobre a base da nota principal, clasifícanse diferentes familias:
- Hespéride: Fragancias compostas esencialmente por notas cítricas (ingredientes orixinarios da laranxeira e notas florais o chipre. Subfamilias: Hespéride Aromático, Hespéride Especiado, Hespéride Floral, Hespéride Amaderado.
- Chipre: Fragancias de carácter forte, construidas cos acordes de mofo de carballo, pachuli ou bergamota, por ejemplo. Subfamilias: Chipre Floral, Chipre Frutal, Chipre Aldehídico, Chípre Aromático y Chipre Verde.
- Floral: As notas florais poden ser tanto a esencia básica do perfume como o complemento de outras familias. Subf: Floral SoliFlor, Floral Bouquet, Floral Aldehídico, Floral Acuático, Floral Amaderada, Floral Verde, Floral Frutal y Floral Muguet.
- Oriental: En esta familia inclúense todas aquelas basadas nas vainillas, resinoides, esencias balsámicas e notas animais. Subfamilias: Oriental Especiado, Oriental Floral, Oriental Hespéride y Oriental Dulce.
- Aromática: Fragancias creadas con notas de salvia, romeiro, tomiño ou lavanda, acom-pañadas en xeral de acordes hesperidados e especiados. Subfamilias: Aromático Agreste, Aromático Fres-co, Aromático Helecho y Aromático Amaderada.
- Madera: Compuestas por notas de sándalo e pachuli, que achegan calidez; ou cedro e vetiver, que son máis frescos. Subfamilias: Madera Hespéride, Madera Especiada, Madera Ambarada, Madera Aromático, Madera Acuático y Madera Floral.
As fragancias elaboránse a partir de esencias naturais ou sintéticas.
As esencias naturais poden ser de orixe vexetal ou animal e obtéñense por métodos de destilación ou extracción.
- As esencias de orixe vexetal obtéñense de: flores (lavanda, rosa, violeta, xeranio, narciso, xasmín...); follas, herbas, ramas e talos (pachuli, menta...); codias, madeiras e mofos (sándalo, canela, mofo...); froitos, peles e bagas (bergamota, limón, lima, cravo, anís, vainilla, noz moscada, melocotón...); resinas, gomas e bálsamos (benxuí, incenso, gálbano, mirra...); raíces e rizomas (lirio, xenxibre, vetiver...). Algunhas son moi difíciles de encontrar, o que encarece o perfume.
- As esencias de orixe animal utilizadas en perfumaría son escasas e adoitan ser secrecións que algunhas especies producen como reclamo sexual ou como protección: ámbar gris, almiscre, castoreo e civeta, son algúns exemplos.
As esencias sintéticas, co seu menor custo de elaboración, permitiron abaratar o prezo dos perfumes. As esencias sintéticas obtéñense por síntese a partir de substancias orgánicas, xa sexa aceites esenciais, hidrocarburos ou carbón, e tamén se conseguiu crear compostos que non existen na natureza.