Os consellos de Muchas

Coidado da pel despois do verán

¿Pregúntaste como poder reparar a pel despois dos días de vacacións

cheos de sol e Praia? Neste post dámosvos uns consellos para reparar

a pel despois dos excesos do verán.

Unha vez que rematan os días de descanso, debemos facer un coidado

exhaustivo da pel que foi debilitada  por a exposición solar e así, loitar

contra a aparición de manchas, graniños, enxoita, falta de vitalidade …

o que debes ter en conta, que non só debes coidar a pel para evitar as

antiestéticas consecuencias que trae a exposición ao sol, senón porque

pode axudar a previr enfermidades futuras.

Ímosche indicar catro pasos  a seguir que te axudarán a manter a pel sa

e prolongar o bronceado:

     Limpeza: en primeiro lugar temos que desfacernos de todos os residuos

     recollidos durante estes meses de verán. Emprega unha leite limpadora

     acorde co teu tipo de pel e enriquecida con sustancias nutrintes e

     hidratantes. Ademais, non esquezas empregar a continuación un tónico

     para eliminar por completo as impurezas e preparar a pel para a

     hidratación.

     Exfoliación: para dar luminosidade á pel, a exfoliación é un paso

     imprescindible que non podemos pasar por alto. Polo menos unha vez

     por semana, temos que exfoliar a pel do rostro mediante movementos

     circulares nas zonas que máis acumulan residuos. Exfoliar a pel non

     significa perder o bronceado xa que, as cremas exfoliantes actúan na

      capa superficial da pel.

     Hidratación: a clave para dar elasticidade a nosa pel. Debemos empregar

     cremas con principios activos emolientes e reparadores que conteñan

     vitaminas, aceites, manteigas vexetais, etc.

      Nutrición: dá o mesmo o tipo de pel que teñas, sempre temos que nutrila

     como terapia de choque despois da exposición solar. Este tipo de cremas

     retrasan o envellecemento celular e podense empregar de día e de noite, ou

     incluso como base de maquillaxe, xa que non engraxa a pel.

  

     

 Seguindo estes catro pasos a túa pel quedará luminosa despois dos excesos

do verán. Ademais, ensinámosvos algún outro consello para que teñades en

conta.

      Como sabedes, nosa pel sempre está exposta ao sol, polo que debemos

      seguir empregando un protector solar sobre todo na zona do rostro e pescozo

      que son as máis expostas ao largo do ano.

      Tamén é importante coidar a pel do resto do corpo, así que elixe unha boa

      crema hidratante corporal con compoñentes “humectantes” que atraian  a auga

      dentro da pel e con compoñentes de efecto oclusivo, que serven de barreira,

      para impedir a perdida de auga epidérmica.

      Aproveita a noite para tratar a pel.

      Beber abundante auga a diario é tamén importante para un bo aspecto da

      nosa pel.

 

Aplica estes consellos e…

 

   ¡Coida a túa pel despois dos excesos do verán!


 

   

 

  

    




 


TRABALLA CONNOSCO   -   CONTACTO
Hogarlin, S.A. | Baixada Gándara, 9 - Coruxo | 36330 VIGO (Pontevedra) | tlf. +34 986 214 747   -   Aviso legal